Friday 17 de May de 2024

Cultura apoia 62 proxectos editoriais de tradución ao galego e do galego a outras linguas


Das obras ás que se lles conceden subvencións, 39 son traducións ao galego de títulos escritos noutros idiomas e 23 son traducións de obras en galego para o castelán, o catalán, o inglés, o búlgaro e o portugués

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concédelles axudas a 19 editoriais para a tradución de máis de 60 títulos. Concretamente, a liña de subvencións da Secretaría Xeral de Cultura para 2015-2016, dotada con 200.000 euros, apoia a tradución ao galego de 39 obras publicadas noutros idiomas e de 23 obras da literatura galega que verán a luz en castelán, catalán, inglés, búlgaro e portugués.

Segundo a resolución, publicada no ‘Diario Oficial de Galicia’ e accesible neste enlace, benefícianse destas axudas, con importes que van desde os 221 ata os 6.000 euros, Monyor y Gey Editores, Novo Vinilo Edicións, Edicións Xerais, Editorial Toxosoutos, Hércules de Ediciones, Edicións Laoivento, Editorial Galaxia, Editorial Kalandraka, Editorial Edizer (Urco Editora), Irmás Cartoné, Alejandro Tobar Salazar, Rinoceronte Editora, Small Stations Press, Fundación Uxío Novoneyra, Echevarría Malet e Deriva Ediciones.

Esta liña de axudas favorecerá a tradución ao galego para a súa edición das obras presentadas cos títulos Ned Buckley’s human race, The apple tart of hope, The house of sleep, Sombras de reis barbudos, La concessione del teléfono, Nemo. Il ragazzo senza nome, Reckless. Das Goldene Gran, Medea, o Gran Gatsby, Meu avó Rei de Coisa Pouca, Le dernier jour d’un condamné, O enigma da Mona Lisa, O cidadán perfecto, Produtor de teatro, Pippi Langstrump, Educación para un mundo novo, Cando os nenos din basta, A terra de Ana, Imaxinación e arte na infancia, Captain Corageous, Coraline, Sammon vartijat III. Louhi, Sammon vartijat II. Tiera, Sammon vartijar I. Tulitera, Kipps. Historia dunha alma simple, Thérèse Ranqin, eSPedizioa, A flor púrpura, Jim Boton e Lucas o maquinista, A lenda de Sally Jones, O mono do asasino, Como ser unha muller, Os asoleados, Tras a pista do galeón Monmouth, Diálogos de mariños e diálogos de mortos; Máximas, caracteres e anécdotas, O rapaz que nunca existiu, Todos deberíamos ser feministas e Habaixo o colexio.

Desde o galego ao castelán, verán a luz El mundo secreto de Basilius Hoffman. La batalla de Avalon, Ulises y las cronoamigas. Surfistas en California, Interferencias, Apoteose das perchas, Morgana en Esmelle, Los kowa, Poesía completa. Volume I. Urania, Eloísa y Fascinio, La batalla del paraíso triste e El ocaso de la familia Portela. Os títulos en galego que se traducirán ao inglés serán Así nacen as baleas, Irmá do vento, Flor de area, O libro das viaxes imaxinarias, Dragal III. A fraternidade do dragón, Un animal chamado Néboa, Tempo de elexía, Dos soños teimosos, Os eidos, A distancia do lobo e Antoloxía poética (de Uxío Novoneyra).

Finalmente, Follas novas traducirase ao búlgaro, mentres que Teño uns pés perfectos e Crónicas animalistas seguido de pequenos mundos apontamentos de filosofía natural verán a luz en catalán e portugués, respectivamente.

Difusión cultural a través da tradución

Favorecer a difusión da produción intelectual e creativa de Galicia noutros territo¬rios e, ao mesmo tempo, facilitar o acceso da cidadanía galega aos textos producidos noutras linguas son os obxectivos principais deste programa de axudas á tradución que vén impulsando a Consellería de Cultura e Educación.